Aviso legal

O sitio web arumel.com e a marca comercial Arumel son propiedade da empresa Antón Campos Consultores, S.L., en adiante ACC; con CIF ESB70149703 e enderezo postal no Lugar de Piñeiro 38, Meirás, Sada, 15168 A Coruña; e inscrita inscrita no Rexistro Mercantil da Coruña, tomo 3.289, folio 28, folla C-43.102. Este sitio web ten como finalidade a publicidade da actividade da empresa propietaria do sitio web e da marca e como destino calquera usuario ou lector, en adiante USUARIO, que teña acceso por calquera medio e referencia directa ou indirecta.

As obras orixinais publicadas neste sitio web, isto é software e documentación, serán propiedade de ACC. As obras derivada xerada a partir de outras obras licenzadas baixo protección GNU General Public License (GNU GPL) ou Creative Commons License (CCL) herdará a condición de licenzamento orixinal da obra da que deriven. Calquera USUARIO con acceso a este sitio web terá dereito a copiar, distribuír e comunicar publicamente a obra orixinal xerada e a facer obras derivadas sempre que: se recoñeza a autoría orixinal da obra, non sexa utilizada con fins comerciais ou de lucro e a obra derivada derivada se licencie baixo estas mesmas condicións. ACC non se fai responsable de ningún dano ou perxuicio causado polas obras propias ou derivadas da documentación e do software posto a disposición neste sitio web. Así mesmo, ACC non asume responsabilidade algunha derivada dos contidos que terceiras partes fagan de hipervínculos a este sitio web ou páxinas do mesmo. O establecemento do hipervínculos non implica en ningún caso a existencia de relacións entre ACC e o propietario do sitio web no que se estableza, nin a aceptación e aprobación por parte de ACC dos seus contidos ou servizos alí ofrecidos e postos a disposición na Rede.

ACC comprométese a garantir as normas de protección de datos ditadas pola Lei Orgánica 15/1999 de protección de datos de carácter persoal e as posteriores normas e regulamentos que a desenvolven. A estes efectos, a páxina de contacto deste sitio web poderá requirir datos de de carácter persoal co único fin de establecer o contacto profesional requirido polo USUARIO. Ditos datos manteranse na máis estrita confidencialidade e non se utilizarán para ningún outro fin que o de contacto requirido polo USUARIO. O USUARIO poderá revocar o consentimento prestado e exercer os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición mediante o mesmo formulario de contacto.