Oracle certifica a execución conxunta de versións RAC 10gR2 e 11gR2, o que resulta moi últil cando por exemplo queremos facer unha actualización progresiva das nosas bases de datos, ou cando necesariamente precisamos diferentes versións por restricións a nivel de aplicación. Nestes casos podemos crear un clúster en versión 11.2 (nunca inferior) con bases de datos en versións 11.2 e 10.2 (ou inferior).
Unha das cousas que nos atopamos cando montamos unha configuración heteroxénea é que a realidade é un pouco mais complexa ca a teoría xa que existen varios bugs e incompatibilidades asociados ó emprego de BDs 10g en clúster 11.2, especialmente cando facemos emprego de separación de roles instalando a Grid Infrastructure (GI) con un usuario e o software RDBMS con outro. É imprescindible revisar a nota Metalink 948456.1 (Pre 11.2 Database Issues in 11gR2 Grid Infrastructure Environment) para revisar os potenciais perigos dun contorno mixto. A día de hoxe esta nota documenta mais de 20 problemas, sendo a última actualización no momento de redacción deste post do 2 de Maio de 2012. Tendo en conta as implicacións e potenciais problemas desta configuración, a integración das BDs 10g sobre GI 11g funciona correctamente e polo tanto se trata dunha configuración a ter sempre en conta.
Como resumo básico da nota, eu me quedo con que é moi recomendable empregar o último nivel de parcheado 10g (10.2.0.5 co PSU mais avanzado posible) e executar a GI nunha versión 11.2.0.2 ou superior xa que isto nos evitará bastantes problemas.
E xa que apareceu a palabra “problema”, chegamos ó punto obxectivo desta entrada xa que crucei no meu camiño cun novo bug ó tentar converter unha base de datos single instance 10.2.0.5 a RAC sobre un clúster 11.2.0.2 con separación de roles (diferentes propietarios de software para a GI e para a BD). O procedemento que estaba a seguir é o de duplicar a BD single instance mediante RMAN dende un servidor alleo ó clúster a un dos nodos do RAC para posteriormente executar a ferramenta rconfig para a creación automatica das novas estruturas (threads redo, tablespaces undo) e do cambio de parametrización (atualización do spfile). Ó facelo, e seguindo o procedemento incluído no documento Oracle® Database Oracle Clusterware and Oracle Real Application Clusters Installation Guide 10g Release 2 (10.2) (http://docs.oracle.com/cd/B19306_01/install.102/b14205/cvrt2rac.htm#BABGGEGJ) atopo que o proceso falla co seguinte erro: