Versión e edición de partida no noso SQL Server 2017

Partimos dun escenario cunha versión RC SQLServer, previa á versión RTM, concretamente unha RC2 (Release Candidate 2). A edición é Enterprise Evaluation, con limitación temporal de uso.

Posibilidades de upgrade de edición e versión SQL Server 2017

Podemos obter información sobre a actualización de edicións na web de Microsoft. Comprobamos que é posible pasar dunda Evaluation Enterprise a unha Developer.

En canto ás versións dende a que podemos facer un upgrade, nas release notes de SQL Server 2017 indícase que o upgrade é viable dende versión CTP 2.1, previa á RC2 da que partimos.

Polo tanto, a actualización que precisamos está dentro do soporte de Microsoft.

Actualización de RC2 (14.0.900.75) a RTM CU3 (14.0.3015.40)

Nesta instalación, precisamos comezar engadindo un novo repositorio, xa que para a instalación inicial foi empregado o CTP dispoñible no momento de liberación desta versión. Engadimos o repositorio CU (Cumulative Updates) que é o que nos interesa fronte o GDR que só inclúe a versión base e parches críticos (aproveito para agradecer ó colega Ignacio Vizoso por aportarme este punto ó procedemento de upgrade).

Agora actualizamos os binarios de SQL Server, proceso que non afecta ás BDs xeradas, e que ademais é reversible, sendo posible facer un downgrade de RPMs sen afectar, segundo a doc de Microsoft, ás BDs:

Paramos o servizo mssql-server e actualizamos con yum:

Actualización a licencia Developer

Para ter unha licencia gratuíta e permanente, sen limitación de uso, aplicamos un cambio de configuración. Paramos de novo o servizo mssql-server e lanzamos mssql-conf para facer o cambio de licencia.

Resultado final

Conectamos ó servidor para verificar que tanto a versión como a edición foron actualizadas:

 

%d bloggers like this: