Durante a fase de probas dun proxecto de ampliación dun RAC ó que se lle engadiron dous novos nodos, atopamos que existía unha incoherencia na zona horaria dos servidores para os usuarios propietarios do software RDBMS (curiosamente non detectada polas ferramentas de validación do clúster, para as que parece bastar a sincronización horaria sen fixarse na zona). As máquinas teñen sistema operativo Solaris 10.
Tras detectar esta diferencia na configuración, o paso seguinte foi igualar tódolos servidores á zona horaria Europe/Madrid. Previamente á detección xa foran creadas, dende un dos novos servidores, bases de datos para a execución das probas de validación do clúster. Tras o cambio de zona horaria os axentes Grid Control (versión 11.1) dos servidores onde esta foi modificada caeron, deixando o seguinte erro na traza:

Ejemplo con error

 

A %d blogueros les gusta esto: