Durante a fase de probas dun proxecto de ampliación dun RAC ó que se lle engadiron dous novos nodos, atopamos que existía unha incoherencia na zona horaria dos servidores para os usuarios propietarios do software RDBMS (curiosamente non detectada polas ferramentas de validación do clúster, para as que parece bastar a sincronización horaria sen fixarse na zona). As máquinas teñen sistema operativo Solaris 10.

Tras detectar esta diferencia na configuración, o paso seguinte foi igualar tódolos servidores á zona horaria Europe/Madrid. Previamente á detección xa foran creadas, dende un dos novos servidores, bases de datos para a execución das probas de validación do clúster. Tras o cambio de zona horaria os axentes Grid Control (versión 11.1) dos servidores onde esta foi modificada caeron, deixando o seguinte erro na traza:

O erro fai referencia explícita á actualización da zona horaria dunha BD. Efectivamente, a BD foi inicialmente arrincada dende un contorno con zona horaria MET e posteriormente esta zona pasou a CET. Isto xera o erro ORA-20603 que aparece no ficheiro de traza do axente Grid Control. Neste caso, o nome da BD é acc. En Metalink atopo unha referencia a un problema similar co propio axente, descrito na nota 452481.1, onde describe un procedemento para modificar a zona horaria do target (neste caso o propio axente) no repositorio de Grid Control. Comprobo que o problema non está na configuración do axente xa que a súa zona horaria é correcta:

te si está configurada de xeito incorrecto: