Oracle certifica a execución conxunta de versións RAC 10gR2 e 11gR2, o que resulta moi últil cando por exemplo queremos facer unha actualización progresiva das nosas bases de datos, ou cando necesariamente precisamos diferentes versións por restricións a nivel de aplicación. Nestes casos podemos crear un clúster en versión 11.2 (nunca inferior) con bases de datos en versións 11.2 e 10.2 (ou inferior).
Unha das cousas que nos atopamos cando montamos unha configuración heteroxénea é que a realidade é un pouco mais complexa ca a teoría xa que existen varios bugs e incompatibilidades asociados ó emprego de BDs 10g en clúster 11.2, especialmente cando facemos emprego de separación de roles instalando a Grid Infrastructure (GI) con un usuario e o software RDBMS con outro. É imprescindible revisar a nota Metalink 948456.1 (Pre 11.2 Database Issues in 11gR2 Grid Infrastructure Environment) para revisar os potenciais perigos dun contorno mixto. A día de hoxe esta nota documenta mais de 20 problemas, sendo a última actualización no momento de redacción deste post do 2 de Maio de 2012. Tendo en conta as implicacións e potenciais problemas desta configuración, a integración das BDs 10g sobre GI 11g funciona correctamente e polo tanto se trata dunha configuración a ter sempre en conta.