Esta mañá produciuse un fallo hardware nun dos servidores de laboratorio con OVM Server 3.4. Neste contorno, OVM Manager está despregado dentro do propio clúster OVM, e a incidencia provocou a súa caída. O arrincar a máquina de xeito manual dende o servidor OVM co comando xm create, o SO arrincou correctamente, pero non os compoñentes OVM. O motivo? Corrupción de datos na BD MySQL tras a caída abrupta.

Ten mala pinta, pero aínda que a primeira opción pareza ser a de entrar en MySQL para recuperar a situación, dado que non se produciron cambios na configuración deste clúster, optamos pola vía rápida e integrada en OVM, a ferramenta de restauración MySQL de OVMM. Para elo, basta seguir a documentación clara de Oracle que podemos ver aquí. No noso caso, só queremos recuperar a nivel de BD, polo que non precisamos executar o paso número 1.

OVMM xera de xeito automático e diariamente un backup de MySQL na ruta /u01/app/oracle/mysql/backup (OVM 3.4). Vemos o contido no noso contorno:

A última copia, de onte, é AutoFullBackup-20180122_170402. Con esta información, en primeiro lugar paramos todo OVMM (Weblogic OVM Server, Oracle VM Command Line Interface and MySQL database):

Agora, como usuario oracle lanzamos o shell script RestoreDatabase.sh especificando o backup dende o que queremos facer a recuperación.

Arrincamos de novo os servizos:

Todo arrinca OK, incluída a BD. Recuperamos a normalidade!

 

A %d blogueros les gusta esto: