En 2006 Antón e Alberto comezaron a facer algo diferente, ou mellor dito o mesmo que viñan facendo anos atrás, pero dun xeito diferente. Ao pouco tempo fundaron a nosa empresa, Antón Campos Consultores, S.L., da que seguen sendo os propietarios. Sempre tiveron a vocación de aportar valores humanos e talento á tecnoloxía e máis concretamente en aquilo que mellor coñecían: as bases de datos.
En torno a esta idea, os nosos fundadores xuntaron persoas, algunhas excéntricas e rebeldes coma min, outras tímidas, creativas ou organizativas. Con todas elas comparto calidade humana e paixón polo que facemos. Xuntos abrimos centros de traballo na península e principiamos a traballar dende aquí para o mundo.
Somos expertos en motores de bases de datos, principalmente Oracle simplemente porque é o mellor, pero tamén o somos en SQL Server e por suposto en PostgreSQL e MySQL.
Dende 2006 traballamos baixo a marca comercial FreelanceOracleDBA.com e en 2016 evolucionamos conformándonos como unha tribu á que quixemos chamar Arumel. Con este nome nos presentamos ao mundo.
Temos principios que rixen o noso comportamento como persoas, gústenche ou non son inapelábeis e síntoo, non temos outros.
Somos íntegros e honestos nas nosas actuacións, innovadores para mellorar procesos de cara a favorecer o benestar humano, procuramos sempre a calidade nos nosos traballos e velamos polo respecto, a tolerancia e o aprendizaxe continuado das persoas.
Con esta base sólida de principios, temos a visión de ofrecer aos nosos clientes a perda cero de datos e a dispoñibilidade permanente dos mesmos.
Para acadar esta visión, propoñémonos ofrecer solucións de bases de datos con dispoñibilidade permanente e acceso rápido e seguro aos datos.
Somos unha tribo de homes e mulleres, DBAs para máis acenos, con décadas de experiencia administrando bases de datos en pequenas e grandes organizacións. Temos unha actitude proactiva e vocación de servir a persoas co fin de achegarlles calidade á súa vida profesional mediante o adecuado uso da tecnoloxía.
Con todo, por enriba da nosa experiencia están as nosas cualidades humanas que fannos sentir orgullo de formar parte do que probablemente sexa o mellor equipo de DBAs ao que un profesional poida aspirar, até o punto de considerarnos a nós mesmos unha tribu pola nosa singularidade.
Non somos carniceiros, non facemos body-shopping, non nos identificamos coas consultoras adicadas ao beneficio empresarial para os seus propietarios e non aspiramos a gañar clientes a toda costa. Non o facemos porque a experiencia demóstranos que simplemente sendo como somos seremos felices, os beneficios xurdirán de seu e os clientes simplemente virán a nós.
Os nosos fundadores ensináronnos a ser nós mesmos desenvolvéndonos como seres humanos e como profesionais libres e independentes, facendo o que realmente nos gusta: administrar bases de datos. Diferenciámonos pola paixón que lle poñemos ao noso traballo, a mesma que lle poñemos á crianza dos nosos fillos, porque dun xeito ou doutro, ambos saen das nosas entrañas. Temos a vocación de ser os mellores no que facemos.
Sabemos que non estamos sós na nosa profesión. Que hai persoas con similares inquietudes e paixón, por iso queremos poñer o noso talento ao dispor desas persoas. Sabemos que aí fóra hai vida e precísannos.