SOPORTE, OPERACIÓN E MANTEMENTO

Adicámonos a isto porque cremos que ninguén debería permitirse perder un só dato. A tecnoloxía permíteo a un custe reducido e nós estamos aquí para velar por elo. Asegurámonos que os datos fiquen sempre dispoñíbeis a través de accesos rápidos e seguros. Contamos con talento e experiencia moi por enriba da media e queremos compartila para asegurar o valor que a tecnoloxía pode aportar ao negocio final.

Prestamos Servizos de Soporte, Operación e Mantemento de bases de datos Oracle, SQLServer, PostgreSQL e MySQL. Os nosos servizos teñen unha dispoñibilidade 24×7, un tempo de resposta de 1 hora e tempos de resolución predefinidos para incidencias, problemas e peticións de cambio.

Recollemos os nosos compromisos de servizo mediante SLA escritos en contrato.

Preventivo, mediante a monitorización proactiva e continuada que nos permite coñecer ao instante a calidade do servizo que prestan os sistemas informáticos.

Correctivo, mediante a xestión de incidencias e problemas seguindo as recomendacións da ITIL Fundation.

Perfectivo, ocupándonos do óptimo rendemento dos sistemas dun xeito continuado e colaborando estreitamente co equipo de desenvolvemento no SQL Tuning e co equipo de sistemas en asuntos relacionados coa arquitectura e rendemento do hardware.

Evolutivo, consistente na aplicación de parches e actualizacións de bases de datos subindo estas a novas versións soportadas polo fabricante, así como resolvemos peticións de cambio nos esquemas de datos das aplicacións.

Adaptativo, para a adaptación do software xestor de bases de datos a cambios derivados de requirimentos legais i evolutivos do hardware ou das aplicacións.

Contamos con ferramentas para monitorizar a actividade e o rendemento dun servidor e instancias de base de datos que nos permiten coñecer ao minuto a calidade do servizo medido en dispoñibilidade e rendemento. Monitorizamos máis de 400 items por cada servidor de bases de datos, entre os que se inclúen eventos de sistema operativo, os servizos de clúster, bloqueos, jobs e estadísticas de bases de datos.

PROXECTOS

Planificamos e executamos proxectos de despregue de bases de datos, migración de datos, réplicas e actualizacións. Somos enxeñeiros moi estrictos co significado desta palabra. As nosas propostas inclúen planificacións moi detalladas que logo executamos con precisión e estricto rigor en alcance, calidade, tempo e custo.

Executamos unha media de 20 proxectos ao ano para os cales seguimos a metodoloxía do PMI na que estamos formados. Despregamos software, creamos, configuramos, parcheamos e replicamos bases de datos para que funcionen de xeito robusto, seguro e ao máximo rendemento que permita o hardware.

 

Todas as nosas propostas de proxecto inclúen un plan de proxecto moi detallado: as tarefas a executar agrupadas en fases; as persoas con nomes e apelidos que as executaran; a carga de traballo que supón o proxecto para cada persoa; a duración do proxecto e das fases; os fitos de entrega; os riscos asociados ao proxecto, cuantificando a probabilidade de ocorrencia, medindo o impacto e planificando un plan de continxencia en caso de ocorrencia; e por suposto, o custe, que obviamente será sempre fixo.

 

Nos nosos proxectos, as carencias ou desvíos na data de entrega simplemente non existen. Aínda sendo as causas alleas a nós, como demoras na entrega de hardware ou bugs en software, traballamos co equipo do noso cliente para dar resposta a estos problemas como membros do seu equipo. Facemos propios todos os problemas do proxecto e actuamos para prevenilos e resolvelos.

Despregamos e configuramos software xestor de bases de datos: Oracle, SQLServer, PostgreSQL e MySQL; software de virtualización; sistemas operativos; software de clúster Oracle RAC; software de réplica de datos. Creamos bases de datos coa configuración precisa para un uso transaccional ou Data Warehouse. Configuramos réplicas para bases de datos en modo standby manual ou automático con Oracle DataGuard ou Oracle GoldenGate.

 

Migramos datos entre plataformas hardware e bases de datos heteroxéneas. Para elo abordamos a migración en dúas fases, unha primeira de proba co fin de chequear o procedemento de migración (riscos e tempos de intervención) e as probas de aplicación (conectividad e rendemento) e unha segunda e definitiva posiblemente a executar fóra do horario habitual. Para sistemas críticos onde o negocio non nos permita un amplo tempo de corte, podemos executar a migración cun micro-corte de practicamente a reconexión das aplicacións. Os nosos proxectos de migración finalizan cun período de soporte post-migración principalmente adicado ao soporte ante incidencias de conectividade e rendemento das aplicacións.

Planificamos e executamos proxectos de actualización e parcheos de bases de datos co mínimo corte de servizo e garantías de continuidade do servizo.

ASESORAMENTO

Somos consultores que acumulamos décadas de experiencia en bases de datos sobre múltiples plataformas. Coñecemos moi ben as diferentes arquitecturas de sistemas así como o complexo mundo das licencias de bases de datos e as ventaxas e riscos dos servizos cloud. Como non contar coa opinión de alguén así na túa organización?

Prestamos servizos de auditoría de licencias e bases de datos, analizando e diagnosticando problemas de seguridade, configuración e rendemento de bases de datos Oracle, SQLServer, PostgreSQL e MySQL. Pensamos que saber con precisión o que se ten é o primeiro paso para melloralo.

Logo de coñecer o que se ten, facemos propostas de mellora mediante proxectos de consultoría onde propoñemos cambios para as bases de datos co fin de consolidalas, aportarlles alta dispoñibilidade, seguridade e mellorar o seu rendemento. Tales propostas se materializan na elaboración dun proxecto ou programa de proxectos detallados en alcance, tempo e custe para que calquera equipo experimentado de DBAs poida executalo.

Asesoramos na toma de decisións estratéxicas para a organización no que respeita á tecnoloxía (sistemas, bases de datos e servidores de aplicación). Así por exemplo, participamos en estudos de viabilidade de Servizos Cloud (IaaS, PaaS ou SaaS) para a organización fronte a permanecer en centros de datos propios con licenciamentos en propiedade. Facemos estudos económicos que avalen unha ou outra decisión. Logo destes estudos, executamos proxectos de movemento de servizos á nube.