Política de seguridade

Arumel define como política xeral, ofrecer servizos con compromiso de mantemento de confidencialidade, integridade, dispoñibilidade, trazabilidade e autenticidade da información, sempre en estrito cumprimento dos requisitos legais e regulamentarios vixentes

A Dirección promove o mantemento e mellora continua dun sistema de xestión da seguridade baseado no Esquema Nacional de Seguridade poñendo todos os recursos que considere precisos e procurando o cumprimento das súas medidas de seguridade, para o fortalecemento destas bases e a consecución dos obxectivos.

Dende a Dirección promóvese a redución ou eliminación de riscos ou efectos na actividade de Arumel que puideran derivarse de eventuais fallos de seguridade, tendo en conta as consecuencias dunha perda de confidencialidade, integridade, dispoñibilidade, autenticidade ou trazabilidade dos activos existentes.

Para acadar estes principios básicos, a Dirección formula anualmente obxectivos de seguridade da información e efectúa o seguimento destes verificando o seu cumprimento e establecendo as medidas precisas no caso de que dito cumprimento se vexa ameazado.

Esquema Nacional de Seguridade

Arumel conta co certificado de conformidade co Esquema Nacional de Seguridade para o seu sistema de información, que da soporte a consultoría, implantación e mantemento de sistemas informáticos.

Certificación conformidad con el ENS